A secretaria xeral da Igualdade inaugurou as Xornadas do Desenvolvemento Rural organizada por FemuroIgualdade lembra que o desenvolvemento do rural é un proceso imparable que ten ás mulleres como protagonistas
A secretaria xeral da Igualdade inaugurou as Xornadas do Desenvolvemento Rural organizada por Femuro
Igualdade lembra que o desenvolvemento do rural é un proceso imparable que ten ás mulleres como protagonistas
O Carballiño (Ourense), 16 de abril de 2011
Marta González recoñeceu o papel fundamental que realizan as asociacións de mulleres para lograr unha sociedade rural máis igualitaria entre homes e mulleres e visibilizar o papel desenvolvido polas mulleres, clave no futuro do noso país.
A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, inaugurou hoxe en Carballiño as Xornadas do Desenvolvemento Rural organizada pola Federación de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), onde lembrou que o protagonismo das mulleres no futuro do mundo rural é un proceso imparable.
Na súa intervención, González destacou o "dinamismo e a labor excepcional que fai polas mulleres do rural" a Federación de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), que xunto con outras asociacións traballa para que "a invisibilidade da que foron vítimas as mulleres rurais comece a desaparecer".
A responsable de igualdade do goberno galego recoñeceu que aínda que "hai moito por facer" para que se recoñeza o verdadeiro papel das mulleres, a consolidación do protagonismo das mulleres rurais na política, no asociacionismo, no emprego, na creación de empresas, na agricultura e gandería, "que é un proceso imparable e sen retorno que está a transformar o rural".
Marta González explicou que dende o goberno galego "se aposta polo rural e polas mulleres rurais, que son clave no desenvolvemento do progreso e tamén do futuro do noso país", e por iso, se favorece o xurdimento e desenvolvemento de novos proxectos no rural dunha maneira integral, promovendo as axudas para o impulso do autoemprego e para a creación de pequenas empresas, negocios, ou formas asociativas que permitan o desenvolvemento de iniciativas innovadoras que podan converterse en proxectos de futuro.
Ademais, dixo, dende a Secretaría xeral da Igualdade "apoiamos a formación das emprendedoras e das mulleres do medio rural en xeral, en temas como as tecnoloxías da comunicación e da información, a calidade, protección do medio ambiente, ou a través do asesoramento xurídico e financeiro na posta en marcha destes proxectos".
Marta González sinalou que "é nese traballo de desenvolvemento do potencial existente no que as asociacións de mulleres rurais xogan un papel fundamental". Sen embargo, a secretaria xeral da Igualdade recoñeceu que para poder levar a cabo proxectos e actuacións en prol da igualdade, as asociacións necesitan dunha loxística que lles permita poder implicarse na mellora das condicións de vida na súa comarca, facilitando a participación das súas asociaciadas, e das mulleres en xeral, na vida pública e na toma de decisións.
Por iso, dixo, "dende a Xunta de Galicia queremos asegurar o apoio ás asociacións de mulleres dinámicas, activas, que apostan pola formación, pola información, pola conciliación, que propoñen novos retos, que se implican na eliminación das discriminacións e que impulsan a realización de actividades encamiñadas a mellorar a situación das mulleres do rural", rematou a secretaria xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario